22 de decembro de 2016

7 de decembro de 2016

Unha Marela Tarabela dedicada ao Reino protista

Avísannos desde a Marela, que elaboraron unha de papel.


Neste caso, botaron man do material empregado polo equipo que investigou sobre o reino protista.

Se vos parece, podedes descargar o PDF. (Nunha destas, seica queren facer unha guía de instrucións de impresión e montaxe. -Hai moita artistada aí-)

24 de novembro de 2016

Exposición: Seres modélicos

Esta semana conclúe a exposición Seres modélicos. Entre la naturaleza y el laboratorio.

Acudimos con frecuencia ao material de CSIC e este é dos que máis nos gustou.

Van unhas fotos con xente de 1º ESO traballando nela.






Pódese descargar o tríptico (en issuu) de seguimento.

21 de novembro de 2016

Encontro con... O reino protista


O venres 25, o equipo de investigación sobre o reino protista, configurado polo alumnado de Bioloxía (1º BAC) do curso pasado, expoñéranos o seu traballo.

Será ás 12.50, na biblioteca.




v

17 de novembro de 2016

One Rat Short

Fonte da imaxe.
Andamos coa excelente exposición Seres modélicos, entre la naturaleza y el laboratorio e, dentro do  material complementario con que a acompañamos, incluímos esta curta -One Rat Short- que ben paga a pena.



WELL, Alex (2006): One Rat Short. Charlex Films. EEUU.

9 de novembro de 2016

BD contra o cambio climático


O proxecto ClimAdaPT.Local, integrado no Programa AdaPT, ofrécenos de xeito gratuíto a BD Reportagem Especial – Adaptação às Alterações Climáticas em Portugal, que podedes descargar desde aquí.

Podedes consultar o artigo do xornal Público, sobre ela.



3 de novembro de 2016

Xogos matemáticos

Estes vellos amigos fixéronnos compañía durante todo o mes de outubro. 





Para a semana, empezamos a contarvos o toc-toc de novembro.

21 de xuño de 2016

Alumnos do noso centro en Campus Científicos de Verán

Un ano máis, alumnos do noso centro asistirán a campus científicos en periodo estival.
Rubén Ferreiro Arias superou a nota de corte necesaria para participar no Campus Científico de Verán 2016, unha iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e do Ministerio de Educación Cultura e Deporte. Xunto a outros participantes de toda España, acudirá do 3 ao 9 de xullo á Universidade de Salamanca para traballar no campo da intelixencia artificial.
Xaime Blanco Vilariño volverá a próxima semana ao Campus Xuvenciencia da USC en Lugo, esta vez no programa para alumnos veteranos. Alí reunirase con estudantes de toda Galicia para disfrutar dunha intensa semana de conferencias, visitas guiadas e actividades experimentais no laboratorio.


Rubén e Jaime na biblioteca, xunto a nosa concoespiral.

Aquí podedes ler crónicas de anos anteriores:
Carlos Meixide (Campus Cientifico de Verán 2014, Madrid).
Yolanda López (Campus Científico de Verán 2015, Vigo).
Rubén Ferreiro (Campus de Profundización Científica 2015, Soria).
Jaime Blanco (Xuvenciencia 2015, Lugo).


16 de xuño de 2016

Motor solar levitante

Emma e Xaime

Nesta maqueta buscamos un deseño de máquina rotativa que funcione exclusivamente con enerxía dispoñible no espazo (solar). Debido á baixa densidade desta enerxía, débese optimizar o rendemento e reducir ao máximo os rozamentos. Por este motivo, faise un deseño no que o rotor non apoia sobre rodamentos senón que levita coa axuda de seis imáns permanentes.

A enerxía que fai rodar o motor procede de catro células fotovoltaicas que se conectan ao bobinado do rotor. A partir deste feito, o funcionamento do motor imita ao de calquera motor eléctrico clásico, no que a enerxía eléctrica se leva a un devanado indutor que xera un campo magnético que interactúa á súa vez co campo magnético do estátor e produce un par de forzas que leva á rotación.

Temos a presentación:


Tamén o vídeo:
 

13 de xuño de 2016

Aprendemos a ser científicos

Estudo de microorganismos do reino protista en mostras de auga doce.

















Velaí o título da investigación que os nosos biólogos de 1º BAC expuxeron na XVI reunión do grupo especializado en taxonomía, filoxenia e biodiversidade da SEM.



O proxecto desenvolveuse para coñecer algúns dos métodos habituais da actividade científica que se realiza nun proceso de investigación.


Despois de recollermos auga doce na contorna do instituto, estudámola para:
  • Coñecer a gran diversidade do Reino Protista e as dificultades da súa clasificación.
  • Identificar algúns dos microorganismos presentes nas mostras.
  • Observar as modalidades de locomoción en protozoos.
  • Investigar sobre os pigmentos presentes nas algas.
  • Aprender o manexo do microscopio óptico.

9 de xuño de 2016

Astronomía na aula (II) : comprobación da segunda lei de Kepler

Neste proxecto, tamén realizado polo alumnado de Cultura Científica, comprobamos experimentalmente a segunda lei de Kepler, indagamos sobre os cometas (a súa órbita, a composición,…) e sobre a Misión Rosetta da ESA.
O material didáctico que empregamos como apoio, pódese descargar aquí.
O resultado de todo traballo realizado resúmese neste vídeo...
 

...e mais nestes carteis.

6 de xuño de 2016

Astronomía na aula (I): estudo dos sistemas binarios

Presentámosvos aquí outro dos proxectos realizados na materia de Cultura Científica arredor da astronomía. Empregouse como guía o material didáctico do ESA Summer Teachers Workshop 2015, que se pode descargar aquí no seu formato orixinal.
O alumnado construiu na aula un modelo dun sistema binario - dous obxectos astronómicos ligados pola forza gravitatoria - e realizou unha indagación na Internet sobre asteroides, planetas e estrelas dobres.
 
O resultado podédelo ver resumido neste vídeo…


… e nestes carteis en formato A3, que tamén podedes consultar no recanto do Toc Toc.

3 de xuño de 2016

Exposición sobre D. Ramón Mª Aller Ulloa

Continúa a exposición sobre D. Ramón na entrada do Instituto. Nela encontraremos:
  • Unha seleccion dos manuscritos doados por D. Vitorino Gutiérrez, no 2009.
  • Unha biografía  de D. Ramón realizada e ilustrada a man por Natalia Fernández.
  • A bibliografía de D. Ramón, na que se inclúen algunhas primeiras edicións e manuscritos inéditos. 
  • Unha selección de fotos realizadas ou relacionadas co noso sabio cedidas polo Museo de Lalín. A maior parte delas rescatadas por Cecilia Doporto e restauradas por María Alejos.
  • Un exposición vídeo-bibliográfica dos fondos da biblioteca sobre astronomía.



 
 

1 de xuño de 2016

Premios do Concurso de reloxos de sol

O pasado luns déronse a coñecer os equipos gañadores do Concurso de construción de reloxos de sol, unha actividade toc-toqueira coordinada polo departamento de matemáticas.
Lectura da acta.


O primeiro premio ex-aequo foi para o trío constituído por David Fernández Sucasas, Antonio García Pereiro e Miguel González Golmar e o cuarteto que integraron Alex Ledo Lançao, Alfonso Manuel López González, Iker Nuñez Silva e David Saavedra García.




O terceiro premio correspondeulle a Iván Iglesias Vázquez, Hugo Pérez Nieves, Roi Rivas García e Aarón Rodríguez Mosquera.


 
Parabéns a todos!

CienciAtiras (12) : Ciencia e mercado.

Piedra

de en La pulga snob.

31 de maio de 2016

Proxecto Equinoccio

Os alumnos de Cultura Científica de 1º de bacharelato estiveron traballando na clase, dende o primeiro trimestre, en pequenos proxectos relacionados coa astronomía.

Como sabedes, en 2016 conmemoramos o 50 aniversario do pasamento de D. Ramón Aller Ulloa, o astrónomo lalinense que dá nome ao noso centro e do que podedes visitar estes días a exposición que temos montada na entrada do instituto.

Móstrovos aquí un dos traballos realizados, o Proxecto Equinoccio, impulsado por Kevin Martz, profesor de física en Montgomery (EEUU). El e mais o resto de participantes son alumnos e profesores de varias escolas de catro continentes que tiven a oportunidade de coñecer no High School Programme do CERN en 2014.

Nesta presentación podedes consultar o procedemento que seguimos...


...e aquí algunha fotografía.







18 de maio de 2016

Reloxos de sol (unha mostra)

Mentres esperamos a resolución do xurado do concurso de reloxos de sol, podedes ir vendo algunhas mostras dos que xa levan expostos unha semaniña longa.