31 de xaneiro de 2018

Encontro con Isabel Riveiro e María Saínza.

No marco das actividades do Día internacional da muller e a nena na ciencia, teremos un encontro con Isabel Riveiro e María Saínza, biólogas do Centro oceanográfico de Vigo

Será o mércores, 7 de febreiro, ás 11.30, na biblioteca.




30 de xaneiro de 2018

Astrónomas que fixeron historia

Coas láminas do calendario Astrónomas que fixeron historia, argallamos unha pequena exposición para celebrar o 11F.


Acompañámolas dalgunhas suxestións en diversos formatos e dun cuestionario que podedes dexergar no tríptico co que acompañamos habitualmente as exposicións.
 

25 de xaneiro de 2018

Con B de Ciencia (1) : The Manhattan Projects


Queriamos dicir BD con Ciencia, pero trabucámonos e ímolo deixar así: Con B de Ciencia (Con BD Ciencia) atende ao noso gusto polo xogos de palabras. A iniciativa partiu da Marela B e trátase de ir presentando obras de banda deseñada relacionadas coa ciencia. Xeralmente serán de corte divulgativo e/ou biográfico, pero xa esta primeira nos advirte de que haberá excepcións.


Ben sabedes que o Proxecto Manhattan foi un proxecto científico impulsado polos EUA para a investigación e o desenvolvemento que, entre outras cousas, produciu as primeiras bombas atómicas.


Ben o sabedes, pero iso non é máis que a verdade oficial. Jonathan Hickman descubriu, en 2012, que o tal proxecto só foi unha tapadeira doutros moitos nos que estaban implicadas figuras centrais da ciencia e a política do século XX.

Estea ou non no certo, do que non se dubida é de que The Manhattan Projects é un cómic divertidísimo que pon patas arriba algunhas das maiores xenialidades científicas e persoeiros político-militares do século pasado.


As tramas perfectamente trazadas, o humor absurdo, o enxeño ao bordo do disparate, a parodia total... caracterizan os guións de Hickman.

O traballo aos lapis, distorsionado e caricaturesco, de Nick Pitarra está en total consonancia.


Se vos parades a indagar quen son os personaxes que van aparecendo ou as ideas científicas referenciadas, divertirédesvos moito máis. Pero tampouco fai falta saber quen son Robert Oppenheimer, Albert Einstein, Richard Feynman, Enrico Fermi, William Westmoreland Harry Daghlian Wernher von BraunLeslie Groves Franklin D. Roosevelt, Lyndon B. Johnson, Harry S. Truman, Yuri Gagarin Helmutt Gröttrup, Dmitriy UstinovJohn F. Kennedy ou a mesma cadela Laika, porque a obra xa se encarga de crear o seu propio e desquiciado mundo que vos acabará atrapando.


Xa sabedes que as atopades na biblioteca e que a Marelabe vos remite a diversas opinións e informacións sobre os tomos publicados por Planeta:

Los proyectos Manhattan [1]
Los proyectos Manhattan [2]
Los proyectos Manhattan [3]
Los proyectos Manhattan [4] : Lo hicimos
Los proyectos Manhattan [5] : Perro espacial
Los proyectos Manhattan [6] : El sol más allá de las estrellas.

 

 








23 de xaneiro de 2018

No Centro oceanográfico de Vigo cos Bolechas


O Centro oceanográfico de Vigo (fundado en 1917) xa anda nos seus 101 aniños. Á celebración do seu centenario sumáronse, no seu momento, Os Bolechas. 

Con eles pódeste informar cómoda e facilmente  sobre esta importante institución científica, da que pronto recibiremos visita.

Descarga xa a guía presentada polos Bolechas.



13 de xaneiro de 2018

Na XIII Olimpíada de Bioloxía


Excelente participación de Iría Rivas García, Tamara Patao e Antia Varela Donsión na XIII Olimpíada de Bioloxía, celebrada onte en Vigo.


Tamara, Antía e Iria con Natalia, a profesora de bioloxía.

Deste golpe, non nos sorriu algún dos postos de honor, pero o balance foi máis que notable.




Parabéns, mozas!

3 de xaneiro de 2018

Toc - toca: maqueta do sistema solar

O alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO, xunto coa súa profesora Verónica Peña, estivo traballando no primeiro trimestre na temática do universo, a súa orixe e evolución, os misterios da materia escura e da enerxía escura e, en particular, o sistema solar.
No noso recanto do toc-toc expuxemos a maqueta que construiron no laboratorio e mais o material de divulgación do Instituto de Física Teórica da UAM, que xa empregaramos hai tres cursos na exposición Materia vs Antimateria.
Velaquí unas fotos: